Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 6829

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017

Convenio

Achega da Consellería (€)

Data da sinatura

Acordo de colaboración entre a Consellería de Facenda e a entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas para a realización do proxecto básico e de execución da reforma e rehabilitación funcional do edificio administrativo sito na rúa Gregorio Hernández nº 2 da cidade da Coruña, antiga sede da Delegación de Sanidad

138.182,94 €

13.9.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía nos anos 2017 e 2018 e a organización do congreso Os 50 anos de economía de Galicia.

20.000 €

25.9.2017

Protocolo de adhesión do Concello de Tui ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

25.10.2017

Protocolo de adhesión do Concello de Muros ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

28.11.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario da provincia da Coruña.

629.200 €

29.12.2017