O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (por ausencia do director) ditou, o 18 de decembro de 2017, resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/5/2013, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 26 de xuño de 2014, en que se ordena a demolición dunha vivenda unifamiliar, recheo de terra e construción de muro de contención, realizados sen autorización autonómica, no lugar de Abelendo, no termo municipal de Porto do Son, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Manuel Romano Sampedro e a Josefa Abraldes Pérez, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística