Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación do monte e pasteiro do Coto de Farán, solicitado a favor dos veciños do lugar de Farán, da parroquia de Arnego (Rodeiro), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión celebrada o día 14 de xuño de 2017, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Rodeiro.

Parroquia: Arnego.

Nome: monte e pasteiro do Coto de Farán.

Cabida: 285.400 m2 (superficie alegada na solicitude na provincia de Pontevedra).

Estremas:

Norte: monte comunal dos veciños de Pereira.

Sur: monte comunal dos veciños da Cabana.

Leste: monte comunal dos veciños de Pobadura e herdanzas privadas dalgúns destes veciños.

Oeste: monte comunal dos veciños de Casar de Seta, herdanzas privadas dalgúns destes veciños, Mercedes Gil Sucasas, Eulogio Ledo Freijedo e Manuel Ledo Lamas.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2018

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora