Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas do procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha de dous motores e dous inversores redutores para unha embarcación, e do material para unha instalación fotovoltaica para o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (dous lotes).

No DOG núm. 11, do 16 de xaneiro de 2018, publicouse a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha de dous motores e dous inversores redutores para unha embarcación, e do material para unha instalación fotovoltaica para o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (dous lotes).

Unha vez advertidos erros no número 3 do prego de prescricións técnicas Especificacións Técnicas, no lote 2, das versións en galego e en castelán, procédese á corrección do prego e á súa publicación, xunto cunha nota aclaratoria, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=241442

Estas correccións afectan o prazo de presentación de proposicións, que se amplía en oito (8) días, polo que o prazo finaliza o 8 de febreiro de 2018.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio