Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-403, p.q. 8+600 a 10+200, de clave PO/17/151.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no entorno de TCA da estrada PO-403, p.q. 8+600 a 10+200, de clave PO/17/151.06.

Este proxecto ten por obxecto definir, xustificar e valorar as obras necesarias para levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade que se vén producindo nos últimos anos no treito considerado. O ámbito de actuación afecta ao termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Mellora e reordenación das interseccións existentes (p.q. 8+860, 9+380 e 9+920), por medio da:

• Execución de cuñas de desaceleración ou aceleración que faciliten os movementos de saída e incorporación á estrada autonómica, a fin de evitar a probabilidade de alcance e incrementar a visibilidade.

• Execución dunha nova rotonda na intersección do p.q. 9+380.

• Habilitación de zonas para a realización de xiros á esquerda e cambios de sentido. Isto permite, ademais, a limitación noutras interseccións próximas de xiros que na actualidade non se realizan nas condicións óptimas de visibilidade.

– Mellora da seguridade nos pasos de peóns establecendo medidas que garantan a súa visibilidade, coa restrición do aparcadoiro nas proximidades e ampliación da beirarrúa no paso de peóns (p.q 9+610).

– Reforzo da sinalización horizontal e vertical.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), na Casa do Concello de Ponteareas (Xardíns de Xiralda, s/n, 36860 Ponteareas, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción.

Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA´S na estrada PO-403, p.k. 8+600 a 10+200.

Clave: PO/17/151.06.

Concello de Ponteareas.

Referencia catastral

Políg.

Parcela

Titular

Clase

Uso do solo

Sup. (m2)

Bens afectados

Afección

1

36042A019002250000DT

19

225

Domínguez Meiriño, Manuel

Vázquez Paz, Marysol

Urbano

Ocio, hostalaría

52,00

2

36042A054000350000DF

54

35

Carrera Rodríguez, Áurea

Carrera Rodríguez, Cándido

Urbano

Sen edificar

61,00

3

36042A018001740000DH

18

174

Alonso Francisco, Casimiro

Bielsa Castillo, María Isabel

Rústico

Agrario

348,00

4

36042A018001730000DU

18

173

Rodríguez Díaz, Rodrigo

Rústico

Agrario

77,00

5

36042A018001760000DA

18

176

Rayo Petriz, Francisco

González Castro, Concepción

Urbano

Sen edificar

18,00

6

36042A052001200000DK

52

120

Carrera Gómez, Carmen

Urbano

Sen edificar

30,00

7

36042A052001160000FP

52

116

Carrera Gómez, Carmen

Urbano

Residencial

35,00

8

36042A052001190000DD

52

119

En investigación, art. 47
da Lei 33/2003

Urbano

Sen edificar

101,00

9

36042A052000330001FD

52

33

Costas Pérez, José

Rodríguez Estévez, Balbina

Urbano

Residencial

16,00

Muro de bloque de formigón con cancela metálica

22,00 m

10

36042A052000310001FK

52

31

Costas Cerqueira, Mª Carmen

Álvarez Garrido, Adriano

Urbano

Residencial

261,00

Valado de pedra

Muro de bloque de formigón

50,00 m

21,50 m

11

36042A052000170000DF

52

17

Diocese de Tui-Vigo

Urbano

Sen edificar

232,00

Muro de postes de pedra e arame

61,50 m

12

36042A053002300000DI

53

230

Costas Pérez, José

Urbano

Sen edificar

45,00

Valado de postes de pedra e arame

15,50 m

Cancela

1 ud

13

36042A053002320000DE

53

232

Domínguez Carrera, Mª Rosa

Giráldez Boo, Bernardino

Urbano

Sen edificar

87,00

Valado de postes de pedra e arame

17,50 m

14

36042A053002350000DU

53

235

Serván Vaquero, María

Rústico

Agrario

405,00

Valado de postes de pedra e arame

38,50 m

15

36042A053002610001FM

53

261

Cruz Campos, Alberto

Urbano

Residencial

25,00

16

36042A021000020000DD

21

2

Taboas Lago, Pastora Enriqueta (Herdeiros de)

Urbano

Sen edificar

96,00

17

36042A022001600000DQ

22

160

En investigación, art. 47
da Lei 33/2003

Urbano

Sen edificar

197,00

Muro de postes de pedra e arame

41,00 m

18

36042A050000030001FQ

50

3

Arbones Fernández-Vega, Mª Esther

Arbones Fernández-Vega, Mª José

Urbano

Residencial

153,00

Muro de pedra

32,40 m3

19

36042A050001430000DE

50

143

Carballido Martínez, Manuel

Urbano

Sen edificar

58,00

Valado de postes de formigón e arame

16,50 m