Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2018 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade de autorización de atracada número P2-57B nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Ribadeo.

Con data do 21 de decembro de 2017, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013 (DOG núm. 153, do 12 de agosto), polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu declarar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da cal é titular Luis Ramón Fernández García.

Intentada a notificación no enderezo que consta no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento a totalidade das liquidacións da taxa portuaria X-5 desde o primeiro semestre do ano 2014.

A caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada e a obriga de retirar, de ser este o caso, e baixo a advertencia de execución subsidiaria, a embarcación da instalación.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia