Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6347

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2017

Convenio

Data da sinatura

Importe económico

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Provincia de Lugo, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

2.10.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

5.10.2017

Sen achega económica