Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6210

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017 pola que se anuncia licitación pública para a contratación do proxecto de acondicionamento da rúa camiño do Gorgullón como tramo urbano do Camiño de Santiago, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de Pontevedra 2014-2020.

missing image file

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha taxa de cofinanciamento do 80 %, dentro do programa operativo Feder de crecemento sustentable 2014-2020, enmarcado dentro da Estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado de Pontevedra, de conformidade coa Resolución do 12 de decembro de 2016, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos do Ministerio de Facenda e Función Pública (BOE do 14.12.2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Télefono: 986 80 43 29. contratacion@pontevedra.eu. www.pontevedra.gal. Órgano de contratación: Xunta de Goberno local. Código NUTS: ES114.

2. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal. http://sede.pontevedra.gal

3. Obxecto: acondicionamento da rúa camiño do Gorgullón como tramo urbano do Camiño de Santiago. Prazo de execución: 8 meses. Prórroga: non.

4. Revisión prezos: non. Variantes: non.

5. Códigos CPV08: 45200000-9, 45233200-1, 45233262-3.

6. Acreditación solvencias económica e técnica: efectuarase a través dos medios que se determinan no artigo 11.4 do Real decreto 1098/2001, e deberase xustificar o limiar mínimo que tal precepto establece.

7. Procedemento e forma de adxudicación: aberto criterios dous tipos. Anexo II PCAP.

8. Orzamento base de licitación: 1.284.343,00 € máis o IVE 269.713,03 €. O orzamento total é de 1.554.055,03 €. Existe crédito orzamentario preciso para atender as obrigacións económicas que deriven da contratación, con cargo á partida orzamentaria 2018-10153361972. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo de Pontevedra 2014-2020.

9. Garantías. Provisional: non. Definitiva: 5 %.

10. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do PCAP. Lugar: Oficina de Asistencia ao Rexistro do Concello de Pontevedra.

11. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido no prego.

A. Criterios cuantificados por xuízo de valor:

A.1. Plan de obra e protocolo ambiental e de seguridade: de 0 a 10 puntos.

A.2. Incremento do prazo de garantía e plan de mantemento: de 0 a 20 puntos.

A.2.1. Incremento do prazo de garantía: ata 10 puntos.

A.2.2. Plan de mantemento: ata 10 puntos.

B. Criterios avaliables automaticamente por aplicación de fórmulas:

B.1. Oferta económica: de 0 a 40 puntos.

B.2. Oferta económica en relación ás melloras que se van ofertar: de 0 a 30 puntos.

Pontevedra, 20 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda