Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6140

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 633/2015).

PO procedemento ordinario 633/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: María Vázquez García

Avogada: Vanessa Pérez Vázquez

Demandados: Fogasa, La Empanadilla Sabrosa, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa, ...

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 633/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Vázquez García contra La Empanadilla Sabrosa, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decido.

Admitir parcialmente a demanda interposta pola parte demandante contra a empresa demandada e condenar a demandada ao aboamento de 6.744,49 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución e para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza