Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2018, do Valedor do Pobo, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, do servizo de vixilancia e seguridade do edificio do Valedor do Pobo, por procedemento aberto e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Valedor do Pobo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo II.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo II.

2º. Domicilio: rúa Hórreo, 65.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15700.

4º. Teléfono de información: 981 56 97 40.

5º. Telefax: 981 57 23 35.

6º. Correo electrónico: valedor@valedordopobo.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade do edificio do Valedor do Pobo.

c) División por lotes: non leva.

d) Lugar e prazo de execución: axustarase ao indicado na epígrafe K da folla de especificacións.

e) Prazo de execución: o indicado na epígrafe K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: o contrato poderá prorrogarse polo tempo que acorde o órgano de contratación, cun máximo de dous anos.

g) CPA: 80.10.1. Servizos privados de seguridade. CPV: 79710000-4. Servizos de seguridade. 79714000-2. Servizos de vixilancia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 152.962,04 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 76.481,02 €.

Importe total: 92.542,03 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: observarase o disposto na epígrafe E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira: observarase o disposto na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica e profesional: observarase o disposto na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día sexa sábado ou inhábil, casos en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, télex, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 57 23 35.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Valedor do Pobo.

2º. Domicilio: rúa Hórreo, 65.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15700.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: na biblioteca do edificio sede do Valedor do Pobo.

b) Domicilio: rúa Hórreo, 65.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15700.

d) Data e hora: terá lugar en acto público:

Apertura do sobre B: terá lugar no día e hora sinalado no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2018

Milagros María Otero Parga
Valedora do Pobo