Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de Duxame-Insua-Portodemouros (Vila de Cruces-Pontevedra), en modificacións ao acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Lalín (rúa Polideportivo, nº 1, baixo); teléfono 886 15 94 52.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expte.

Interesado/a

Acto que se notifica

DX-MA-1011

Mercedes Otero Vahamonde

Trámite de audiencia

DX-MA-1010

Josefa Brea Lodeiros

Trámite de audiencia

DX-MA-1005

Josefa Brea Lodeiros

Trámite de audiencia

DX-MA-1004

María Nieves Torres Penas

Trámite de audiencia