Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de requirimentos derivados do procedemento BS210A (expediente VI0000031119 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, os requirimentos que se indican.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Vigo, sitas na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, no caso de requirimentos de documentación necesaria para a instrución do expediente, de non cumprir co requirido e de conformidade co establecido no artigo 35.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, transcorridos tres (3) meses sen que a persoa realice as actividades esenciais requiridas para continuar a tramitación, a Administración declarará a caducidade do procedemento, acordándose o arquivamento das actuacións que lles será notificado ás persoas interesadas.

Vigo, 24 de novembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A

VI-0000031119

Veiga González, José Carlos (36104956Q)

Requirimento de documentación necesaria

27.7.2017

BS210A

VI-0000037233

Rodríguez Besteiro, Áurea (35538120S)

Requirimento de documentación necesaria

13.1.2017

BS210A

PO-0000045500

Stanev Mitev, Mityu

(Y2605670Z)

Requirimento de documentación necesaria

3.5.2017