Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 5959

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. Programa I.

BDNS (Identif.): 382572.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).

3. As persoas promotoras para a axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Segundo. Obxecto

Xerar emprego estable para as persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres; as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego, mediante os seguintes tipos de axuda:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención para a formación.

c) Subvención para o inicio da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse dous millóns doscentos oitenta e catro mil trescentos euros (2.284.300 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas dos programas regulados nesta orde finalizará o 31 de xullo de 2018.

2. Para a axuda de xeración de emprego, o prazo para as actuacións realizadas ata a publicación desta orde será de dous meses desde a súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria