Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6107

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2017, para as subescalas de secretaría-intervención e secretaría, categoría de entrada.

De conformidade co establecido no artigo 5.1 da Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, do 30 de novembro de 2017, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, e rematado o prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas bolsas de interinos relativas ás subescalas de secretaría-intervención e secretaría, categoría de entrada,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2017, relativas ás subescalas de secretaría-intervención e secretaría, categoría de entrada.

Segundo. As listas provisionais de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e da proba de galego, nos casos en que proceda, están á disposición das persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A

Terceiro. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos.

Cuarto. Os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

Quinto. Só serán admitidas as emendas e reclamacións que os aspirantes realicen desde a carpeta do cidadán habilitada para o efecto na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo http://sede.xunta.gal, no procedemento PR410A.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local