Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa do servizo de interpretación da lingua de signos.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación desta contratación administrativa.

1. Entidade adxudicadora:

a) Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 236, fascículo 3, do 10 de xaneiro de 2018 e en www.parlamentodegalicia.gal).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Fax: 981 55 14 09.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.parlamentodegalicia.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-13/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de interpretación da lingua de signos.

c) División por lotes e número de lotes: non hai lotes.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución: dous anos.

f) Admisión de prórroga: ata un máximo de dous anos máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79540000 Servizos de interpretación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas (prezo unitario das sesións ofertado polos licitadores: ata 100 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 200.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 50.000,00 €. Importe total: 60.500,00 €.

6. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación for inhábil, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Rexistro do Parlamento de Galicia.

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a terminación do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: sesión pública para apertura do sobre B.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e na hora que se lles comunicará aos licitadores e que se publicará na web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas (publicados no BOPG núm. 236, fascículo 3, do 10 de xaneiro de 2018 e en www.parlamentodegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

O presidente do Parlamento de Galicia
P.D. (Resolución do 8.1.2018)
F. Javier Freire González
Xefe do Servizo de Persoal e Réxime Interior