Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 26 de decembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa do 50 % e autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora do outro 50 % da concesión administrativa e da batea C.T.L. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea C.T.L. I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 19 de decembro de 2017, Carmen Triñanes Lojo, en representación da comunidade de herdeiros de Francisco Outeiral Carreño, solicita autorización para a transmisión mortis causa do 50 %, e o mesmo tempo solicita autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora do outro 50 % da concesión administrativa e da batea C.T.L. I.

Segundo. A solicitante presentou toda a documentación requerida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa do 50 % e mortis causa mediante pacto de mellora do outro 50 %, a favor de Ramón Outeiral Triñanes (52450794F), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: C.T.L. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 139.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 23.8.1989.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Carmen Triñanes Lojo e Francisco Manuel Carreño (35381785B-33113771G) 100 % ganancial.

Novo titular: Ramón Outeiral Triñanes (52450794F) 100 % privativa.

O novo titular subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 26 de decembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Por delegación de sinatura (Resolución do 11.10.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña