Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2012/00247).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 35/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal ao interesado, notifícase á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 26 de decembro de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/Equivalente

OU-2012/00247

Nery Mejía

X7386253X