Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5411

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública relativa ao expediente expropiatorio urbanístico para a execución da obra de beirarrúas en Fonteboa, estrada N-525, número 77/PB/2017, no concello de San Cibrao das Viñas.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense, por delegación de competencia do Pleno, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de decembro de 2017, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística para a execución da obra de beirarrúas en Fonteboa-estrada N-525, número 77/PB/2017, no concello de San Cibrao das Viñas, e sometelo a información pública.

Unha vez visto o exposto, faise público o citado proxecto de expropiación, o cal se tramita polo procedemento previsto nos artigos 117 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, no cal o beneficiario é o concello de San Cibrao das Viñas, para que, de conformidade co disposto no artigo 118 da dita lei, o prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio, os interesados poidan examinar o expediente na Sección de Patrimonio e Expropiacións da Deputación Provincial de Ourense e formular as alegacións que consideren oportunas.

Número de parcela
expediente

Referencia catastral

Tipo de parcela

Propietario

m2 exprop.

1

32076A004000130000US

Solo urbanizado

Enrique Álvarez Díaz

83,90

2

32076A004000140001IX

Solo urbanizado

Enrique Álvarez Díaz/Isabel Balvís Barandela

99,91

3

32076A007004410000UF

Solo urbanizado

Enrique Álvarez Díaz

88,01

– Información: Sección de Patrimonio e Expropiacións, rúa Progreso, nº 32, 32003 Ourense. Tlfno.: 988 31 75 35; correo electrónico: patrimonio@depourense.es.

Ourense, 11 de xaneiro de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Ourense
P.D. (Decreto do 23.5.2017)
Pablo Pérez Pérez
Deputado delegado de Cooperación