Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese realizar, farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (sancionadores), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

Ana Benasach Suárez-Ana Pompones

E.S.C 2017/25

Acordo inicio

A Coruña

Pisa Textil, S.L. Tramas

E.S.C. 2017/7

Proposta de resolución

A Coruña

Sun Xu Comercial, S.L.

E.S.C. 2017/16

Proposta de resolución

A Coruña