De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 3 de xaneiro de 2018
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2017-0248.
Interesado: Jesús Manuel Regueiro Tenreiro.
Acto notificado: acordo de iniciación.
Expediente: CO-RES-2017-0104.
Interesado: Marian Sali.
Acto notificado: resolución.