Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración de cadeiras de brazos de pacientes, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado (expediente AB-EIV1-17-032).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de 340 cadeiras de brazos de pacientes para o Hospital Meixoeiro

c) Lotes: non.

d) CPV: 39100000-3.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 10.10.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 143.140,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 143.140,00 €. IVE: 30.059,40 €. Importe total: 173.199,40 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4.12.2017.

b) Data de formalización do contrato: 7.12.2017.

c) Contratista: El Corte Inglés, S.A. A28017895.

d) Importe adxudicado: 119.547,40 € (IVE excluído) 144.652,35 € (IVE incluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vigo, 12 de decembro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo