1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-32/2017.
2. Obxecto do contrato: subministración dun vehículo auto-escala para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación: 841.111 euros (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 5 de febreiro de 2018. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 2 de xaneiro de 2018
O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social