Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5042

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 3395-17-PM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3395/2017 PM

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 45/2012 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrentes: Román David Cortegoso, Jose Luis Golobardas Estévez, Ángel Rodríguez Dopazo

Avcgados: Patricia Rivas Villa, Alberto Fernández Gil

Recorridos: Fogasa, Comercial Senra, S.A., Senra Alquiler y Venta, S.L., Rasen Maquinaria, S.L.

Avogado: letrado do Servizo Público de Emprego Estatal

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3395/2017 desta sección, seguido por instancia de Román David Cortegoso, José Luis Golobardas Estévez, Ángel Rodríguez Dopazo, contra a empresa Fogasa, Comercial Senra, S.A., Senra Alquiler y Venta, S.L., Rasen Maquinaria, S.L., sobre incidentes de execución, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Que con estimación dos recursos que foron interpostos por Román David Cortegoso, José Luis Golobardas e Ángel Rodríguez Dopazo, revogamos o auto que con data do 31.5.2017 foi ditado na executoria 46/2012 seguida no Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, e declaramos que as empresas Senra Alquiler y Venta, S.L. e Rasen Maquinaria, S.L. responden solidariamente de todos xuros producidos desde o principio.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Rasen Maquinaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza