Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento de documentación do expediente PE 401B 2017/01255-8 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación do expediente PE 401B 2017/01255-8 e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar a documentación requirida se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do requirimento e constancia de tal coñecemento.

De non acreditar o que se lle require, considerarase que as persoas interesadas desisten da súa petición, logo de resolución ditada de acordo co disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 2 de xaneiro de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE 401B 2017/01255-8

Óscar Victorino Lourido García

32678268Y

Requirimento

Sálvora, 7, San Vicente do Mar, O Grove

PE 401B 2017/01256-8

David Rodiño Seijo

76814929N

Requirimento

Lugar Major, 112, Noalla, Sanxenxo