De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/ 2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial e pola instrutora, respectivamente.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 3 de xaneiro de 2018
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAN-CO-0019/2017-MP.
Denunciado: Manuel García Sánchez.
Acto de notificación: proposta.
Expediente: SAN-CO-0021/2017-MP.
Denunciado: Miguel Santiago Alonso.
Acto de notificación: proposta.
Expediente: SPA-CO-0021/2017-ADV.
Denunciada: Lúpulo Tecnología de Galicia, S.C.G.
Acto de notificación: incoación.