Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4667

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2018 pola que se lle dá publicidade á resolución de concesión das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (Programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 27 de xuño de 2017 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aprobou as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (Programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 129, do 7 de xullo) e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 7.6 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais, substituíndose a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución de concesión do 22 de decembro de 2017 da convocatoria 2017.3 das axudas do Igape aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (Programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. A Resolución do 22 de decembro de 2017 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica