Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible efectualas, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Pontevedra, 22 de decembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 11110.

Interesada: Barros Saud, Bruna.

DNI/NIE/PAS: YC515687.

Último enderezo coñecido: rúa Canadelo Alto, 51, 6º esq., 36206 Vigo.

Nº de expediente: 11196.

Interesada: Ramaidan—, Victorita Loventa Florentina.

DNI/NIE/PAS: 2981030460057 (CNP).

Último enderezo coñecido: rúa Eduardo Pondal, 19, 3º I, 36003 Pontevedra.

Nº de expediente: 11576.

Interesada: Vasquez Morales, Marianny Andreina.

DNI/NIE/PAS: Y5382973K.

Último enderezo coñecido: rúa Velázquez Moreno, 2, 6º C, 36201 Vigo.