Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 12 de decembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Forte II e San Martín II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Forte II e San Martín II, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escritos do 14 de xullo de 2017, Antonio Eduardo Forte Casal (35209560-X) e Raquel Alfonso Lijó (76835069-G) solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Forte II e San Martín II.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación dos expedientes, son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Benjamín Forte Alfonso (77415324-S), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Forte II.

Situación:

Cuadrícula número: 14.

Polígono: B.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 26.5.1971.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Antonio Eduardo Forte Casal (35209560-X) e Raquel Alfonso Lijó (76835069-G).

Novo titular: Benjamín Forte Alfonso (77415324-S).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: San Martín II.

Situación:

Cuadrícula número: 97.

Polígono: G.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Antonio Eduardo Forte Casal (35209560-X) e Raquel Alfonso Lijó (76835069-G).

Novo titular: Benjamín Forte Alfonso (77415324-S).

O novo titular das concesións subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores dende o momento de formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 12 de decembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo