Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo para o deseño e execución das actuacións para a mellora da xestión de residuos urbanos durante o ano 2018, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 06, prioridade de investimento 06.01, obxectivo específico 06.01.01, actuación 06.01.01.01.

missing image file

1. Entidade adjudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=241968

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 43/2017 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o deseño e execución das actuacións para a mellora da xestión de residuos urbanos durante o ano 2018.

c) División por lotes e número: si. 7 lotes: punto 1.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90710000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 944.950,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 944.950,00 €. Lote 1: 70.000,00 €; lote 2: 62.000,00 €; lote 3: 210.000,00 €; lote 4: 41.500,00 €; lote 5: 210.000,00 €; lote 6: 227.450,00 €; lote 7: 124.000,00 €. Importe total: 1.143.389,50 €. Lote 1: 84.700,00 €; lote 2: 75.020,00 €; lote 3: 254.100,00 €; lote 4: 50.215,00 €; lote 5: 254.100,00 €; lote 6: 275.214,50 €; lote 7: 150.040,00 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Subcontratación: punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 7 de febreiro de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: r/ San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 29 de decembro de 2017.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio