1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Montes, Parques e Xardíns. Nº de expediente: 9.908-446.
2. Obxecto do contrato: a execución das obras incluídas no proxecto de ampliación do parque infantil da praza da Independencia.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: 3 meses. Prórroga: non procede.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 165.289,00 euros, IVE que soportará a Administración: 34.710,69 euros. Orzamento total: 199.999,69 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: (986) 81 01 48. Fax: (986) 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato e documento acreditativo de posuíren a seguinte clasificación: grupo G «Vías e pistas», subgrupo 6 «Obras viarias sen cualificación específica», categoría 2.
b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas). Indicaranse o importe, as datas e o destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado e documento acreditativo de posuíren a seguinte clasificación: grupo G «Vías e pistas», subgrupo 6 «Obras viarias sen cualificación específica», categoría 2.
8. Presentación de ofertas: prazo: rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de variantes: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións.
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 18 de decembro de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación