Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 20 de decembro de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de 11,63 ha da parcela catastral 142 do polígono 108 do termo municipal da Fonsagrada (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 20 de decembro de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola dunha superficie de 11,63 ha na parcela catastral 142 do polígono 108 do termo municipal da Fonsagrada (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 20.11.2017. O anuncio foi publicado no DOG núm. 233, do 11 de decembro.

Lugo, 26 de decembro de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo