1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 5.106-440.
2. Obxecto do contrato: a execución das obras incluídas no proxecto de implantación da vía ciclista entre Teis e Samil.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: 12 meses. Prórroga: non procede.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 4.871.900,83 euros, IVE que soportará a Administración: 1.023.099,17 euros. Orzamento total: 5.895.000 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista. a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras viarias sen cualificación específica), categoría 6. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras viarias sen cualificación específica), categoría 6.
8. Presentación de ofertas. Prazo: rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións: _
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 8 de xaneiro de 2018
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación