Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 54/2017 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, por medio deste anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 19 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

David Resua Eiras (Calzados Navia)

PO-54/2017

Resolución de expediente sancionador

Vigo

Floristas Tornasol, S.L.

PO-65/2017

Resolución de expediente sancionador

Vigo

Bebito Mío, S.L.U.

PO-73/2017

Resolución de expediente sancionador

Vigo

Hijos de Antonio Moliner, S.L. (Mamma Mia)

PO-04/2017

Resolución de expediente sancionador

Pontevedra