Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 232/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María de los Ángeles Rodríguez Cachafeiro contra Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández se acordou notificar parte dispositiva do auto e decreto con data do 23.11.2017 ditado no procedemento ETX 232/2017 a Inkjet 10, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María de los Ángeles Garrido Cachafeiro, fronte a Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández, parte executada. Despáchase execución contra os dous executados en 1.635,71 euros de principal, máis 324,90 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 196,06 euros de xuros de demora e custas provisionais sen prexuízo de posterior liquidación. E despáchase execución contra Alonso Madroño Fernández pola cantidade de 2.445,15 euros de principal, máis 485,69 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 293,08 euros de xuros e custas sen prexuízo de posterior liquidación. Máis a indemnización por cesamento de 274,20 euros de principal, máis 21,48 euros de xuros do artigo 576 da LAC.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª.

A maxistrada xuíza

(…)

Parte dispositiva

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández dar audiencia previa á parte demandante María de los Ángeles Garrido Cachafeiro e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado de acordará o procedente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander debendo indicar no campo concepto, 5076 0000 64 0232 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación a Inkjet 10, S.L. en ignorado paradoiro expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza