Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (269/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 269/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat Hermida Barreiro contra a Secretaría de Estado de Xustiza, Delegación do Goberno en Galicia, Abraxas Aula 25, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache, sobre salarios tram. cargo Estado, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela, o 15 de decembro de 2017

Parte dispositiva

Dispoño despachar execución da Sentenza firme nº 427/2017, do 27 de setembro de 2017, ditada no procedemento de reclamación de salarios de tramitación a cargo do Estado 941/2014 contra a parte executada, Secretaría de Estado de Xustiza, Delegación do Goberno en Galicia, Abraxas Aula 25, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache, por importe de 15.348,14 euros en concepto de principal máis outros 1.534,81 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, o 15 de decembro de 2017

Parte dispositiva

Dispoño requirir a Secretaría de Estado de Xustiza, Delegación do Goberno en Galicia, Abraxas Aula 25, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache para que, no prazo dun mes, dean cumprimento ao establecido na resolución cuxa execución se solicita, ingresando na conta deste xulgado o importe de 15.348,14 euros en concepto de principal máis outros 1.534,81 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ou manifesten a este xulgado obstáculos que se opoñan a iso e, en todo caso, designen persoa que se encargue do cumprimento da execución, con indicación do seu nome, apelidos, DNI e cargo ou posto que desempeña (conta do xulgado IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274, nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0269 17).

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Abraxas Aula 25, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza