O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
b) Número de expediente: CGSIB/004/17/XSP-CONC-AD.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: xestión do servizo público asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día de Cuntis, Redondela e Cambados e no fogar residencial de Redondela. Contrato reservado a centros especiais de emprego.
a) Lugar de execución: Galicia.
b) Prazo de execución: dous anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.
c) Forma: multicriterio.
4. Orzamento de licitación.
Importe: 1.678.490,40 euros, IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: non se exixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono de información: 881 99 64 08.
e) Telefax: 881 99 64 04.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org
7. Requisitos específicos do/da contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.
c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.
d) Participación no procedemento: de conformidade co disposto na disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP) e no artigo 26 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público de Galicia, resérvase a participación na presente licitación a aquelas entidades licitadoras que estean en posesión da cualificación de centros especiais de emprego e rexistradas no rexistro administrativo correspondente.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 7 de febreiro de de 2018.
b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra Q da folla de especificacións; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se trataren de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver o prego.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.
c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio, ás 10.00 horas do día 14 de febreiro de 2018. A apertura do sobre C será na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.
10. Outras informacións.
– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.
– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.
11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.
12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de decembro de 2017.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017
Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar