De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/ 2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser realizada no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial e a instrutora, respectivamente.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural; sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 19 de decembro de 2017
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAN-CO-0010/2017-IA.
Denunciado: Manuel García Sánchez.
Acto de notificación: proposta.
Expediente: SAN-CO-0080/2017-IA.
Denunciado: Juan Lorenzo Doldán Vázquez.
Acto de notificación: incoación.