Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a corrección de erros nos pregos da licitación anunciada mediante a Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, do servizo para o desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción do leite galego (expediente 9/2018).

O martes 2 de xaneiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo para o desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción do leite galego (expediente 9/2018).

Advertidos erros na desagregación dos importes destinados á inserción en medios e á comisión da axencia, que afectan as páxinas 5 e 6 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta contratación, así como a páxina 2 do prego de prescricións técnicas, sen que afecten o orzamento máximo de gasto desta licitación.

Unha vez corrixidos, segundo o cadro seguinte, publícanse no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=236695

Importes

Inserción en medios

178.253,12 €

Comisión da axencia (0,3 %-2 %) máximo

3.565,06 €

Total importe neto

181.818,18 €

IVE (21 %)

38.181,82 €

Importe total, IVE incluído

220.000,00 €

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 9 da Resolución do 21 de decembro de 2017, que queda do seguinte xeito:

Data límite de presentación: (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do novo prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural