Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da redacción de proxecto e dirección facultativa das obras de construción dun centro integral de saúde no barrio da Residencia de Lugo: centro de saúde mental, centro de saúde e PAC no antigo Hospital Materno Infantil (expediente AB-SER3-17-048).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-17-048.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: redacción de proxecto e dirección facultativa das obras de construción dun centro integral de saúde no barrio da residencia de Lugo: centro de saúde mental, centro de saúde e PAC no antigo Hospital Materno Infantil.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71221000-8 / 71240000-8.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 158. do 22.8.2017, na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 22.8.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria y documentalmente simplificado.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 191.808,36 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 115.994,78 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 140.353,68 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 13 de decembro de 2017.

c) Contratista: UTE: Naos 04 Arquitectos, SLP+Manuel Vázquez Muíño.

d) Importe ou canon máximo de adxudicación. Importe neto 94.900,00 €. IVA (%) 21 % Importe total 114.829,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración atópanse publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos