Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2017140TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 15 de novembro de 2017, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2017140TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á entidade mercantil Safada Group, S.L. (Club Km 130).

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase á entidade mercantil Safada Group, S.L. (Club Km 130) o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2017140TA-PO.

Interesada: Safada Group, S.L. (Club Km 130).

Documento de identificación: B94103223.

Último enderezo coñecido: estrada N-550, p.q. 130, 36141 Vilaboa (Pontevedra).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Resolución: desestimatoria do recurso.