Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo de realización da enquisa sobre a poboación ocupada nos sectores da pesca e da acuicultura mariña en Galicia, Ocupesca (expediente 7/2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

a) Descrición do obxecto: realización da enquisa sobre a poboación ocupada nos sectores da pesca e da acuicultura mariña en Galicia.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao de formalización do contrato ata o 31.12.2018.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72313000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e como gasto anticipado, aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada.

Criterios de adxudicación: os recollidos na alínea A do cadro de criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 40.000 €, IVE (21 %): 8.400 €. Importe total: 48.400 €.

Valor estimado: 40.000 €.

5. Financiamento: cofinanciación nun 75 % pola Unión Europea-Femp (medida 7.1.1-asistencia técnica) e nun 25 % con fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario, segundo se indica na alínea F.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto na alínea F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) 981 54 74 68 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=241440

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03), ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.es).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG nº 180, do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar