Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na realización dos traballos de auditoría das contas anuais dos consorcios adscritos á Comunidade Autónoma (APLU, CEIDA e CCervo-Burela).

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA26/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: traballos de auditoría das contas anuais dos consorcios adscritos á Comunidade Autónoma APLU, CEIDA e CCervo-Burela.

c) CPV: 79212100-4.

d) Prazo de duración: dous anos desde o día da súa sinatura.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación (criterios cuantitativos avaliables mediante fórmulas):

– Oferta económica: ata 60 puntos.

– Experiencia dos membros do equipo: ata 20 puntos.

– Incremento no número de técnicos por equipo: ata 20 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: trinta e dous mil novecentos corenta euros (32.940,00 €), IVE excluído.

b) Desglose por lotes (IVE excluído):

– Lote 1 (auditoría das contas da APLU): 18.300,00 euros.

– Lote 2 (auditoría das contas do CEIDA): 7.320,00 euros.

– Lote 3 (auditoría das contas do CCervo-Burela): 7.320,00 euros.

c) IVE: seis mil novecentos dezasete euros con corenta céntimos (6.917,40 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es.

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=243802. Poderase consultar tamén na seguinte páxina web: http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/perfil-do-contratante.

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia:

– Económica e financeira: volume anual de negocios que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos sexa, cando menos, igual ou superior a unha vez e media á anualidade media do contrato do lote ou lotes aos que se licita. Ou seguro de indemnización por riscos profesionais cuxo importe asegurado debe ser igual ou superior a 65.880,00 euros.

– Técnica e profesional: ter realizados, nos últimos cinco anos, traballos de auditoría de contas cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70 % da anualidade media do contrato do lote ou lotes aos que se licita.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as dezanove (19.00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no cadro de características do PCAP.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do rexistro único e información no Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto no cadro de características do PCAP.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda