Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2018 Páx. 1644

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello Reitor adoptado na súa reunión do 28 de setembro de 2017 polo que se nomea xerente desta axencia.

A Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, creou a Axencia Galega de Emerxencias configurándoa como un ente instrumental para o estudo e execución da política autonómica en materia de protección civil e xestión de emerxencias (capítulo III, artigos 16 e ss.).

Segundo o artigo 23.3 da Lei de emerxencias de Galicia e os artigos 7 e 11 do Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Emerxencias, a xerencia é o órgano executivo da axencia e compételle a súa xestión ordinaria. A persoa titular da xerencia será nomeada e removida polo Consello Reitor por proposta da Presidencia da Axega, que corresponde ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

En consecuencia, por proposta do presidente da Axega, o Consello Reitor na súa reunión do 28 de setembro de 2017 acordou nomear a Marcos Araújo Pereira xerente da Axencia Galega de Emerxencias en substitución de Juan José Muñoz Iglesias.

Vistas as disposicións citadas, así como o acordo adoptado polo Consello Reitor na súa reunión do día 28 de setembro de 2017 e coa finalidade de cumprir o devandito acordo,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo adoptado polo Consello Reitor da Axega na súa reunión do día 28 de setembro de 2017 en virtude do que se nomea xerente da Axencia Galega de Emerxencias a Marcos Araújo Pereira.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente da Axencia Galega de Emerxencias