Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2018 Páx. 1859

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo mini recolector con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo mini recolector con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente, cun gasto autorizado de 68.595,04 € (IVE excluído). Na devandita cantidade enténdense incluídos todos os custos necesarios para a venda e entrega do vehículo (matriculación, transporte, tributos e outros). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 29 de decembro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense