De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 12 de setembro de 2017 relativo ao proxecto de mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-334, ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo, no concello de Tomiño (Pontevedra), promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático