Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2018 Páx. 1850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras da estación de tratamento de auga potable da plataforma loxística industrial Salvaterra-As Neves (Pontevedra) (expediente PLISAN-2017/ETAP).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción dunha estación de tratamento de auga potable, captación no río Miño e depósito de regulación. Salvaterra-As Neves (Pontevedra).

b) Prazo máximo de execución do contrato: vinte e dous (22) meses. Prazo de execución das obras: dez (10) meses. Prazo para a posta en marcha das instalacións e explotación: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cinco millóns cento noventa e sete mil novecentos cincuenta e tres euros con oitenta e sete céntimos (5.197.953,87 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): un millón noventa e un mil cincocentos setenta euros con trinta e un céntimos (1.091.570,31 €).

c) Importe total: seis millóns douscentos oitenta e nove mil cincocentos vinte e catro euros con dezaoito céntimos (6.289.524,18 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría 4 e grupo K, subgrupo 8, categoría 4.

b) Concreción da solvencia técnica ou profesional: a establecida no PCAP.

7. Obtención de documentación.

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=241435. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo