Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2018 Páx. 1608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizados do núcleo urbano de Sada (A Coruña), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (fase 1, expediente IN627A 2017/4-0 e fase 2, expediente IN627A 2017/5-0).

Para os efectos previstos no artigo 46 bis.8 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Sada (A Coruña) e a solicitude de autorización administrativa de peche da planta de GLP en Sada (A Coruña).

Descripción das instalacións:

Rede de distribución:

A rede de GLP existente pasará a subministrarse a través dunha antena de subministración de gas natural, que alimentará a rede de gas natural MOP de 3,5 bar.

No cambio de gas propano a gas natural aproveitarase toda a rede de GLP dado que as novas condicións de distribución de gas natural serán soportadas pola rede existente en GLP.

Realizarase a adaptación das instalacións interiores ao regulamento de distribución e utilización de gases combustibles, e as adecuacións necesarias dos aparatos de utilización.

Desmantelamento dos almacenamentos de GLP:

As instalacións de GLP, o depósito e as súas instalacións auxiliares, serán postas fóra de servizo, realizando un proceso de despece e derribo ordenado de todos os elementos aéreos e soterrados.

O depósito será inertizado, comprobando a súa atmosfera inerte con detector, certificando a ausencia de atmosfera explosiva, deixándoo pechado con auga e fóra de servizo co cartel –DESGASIFICADO- e arrancando a placa de características.

Subministración provisional:

Para realizar a transición de cambio de combustible será necesario instalar unha subministración provisional de GLP, consistirá nun depósito aéreo de 4,88 m3, con vaporizador interno ao cal se lle anexará un equipo modular de calefacción. Situarase ao norte do núcleo urbano de Sada, na rúa Fiunchedo, na parcela con referencia catastral 0509116NJ6000N0001SW.

Extensións da rede de distribución:

Todas as extensións de rede incorporarán unha válvula que marcará o seu inicio.

A rede de distribución dimensionarase para unha presión máxima de operación de MOP 3,5 bar.

Concello: as solicitudes afectan ao termo municipal de Sada, na provincia da Coruña.

Orzamento:

Rede de distribución + desmantelamento dos almacéns de GLP + subministración provisional (fase 1): vinte e oito mil cento dezanove euros con vinte e oito céntimos (28.119,28 €).

Extensións da rede de distribución (fase 2): oitenta e un mil douscentos noventa e catro euros con dezaoito céntimos (81.294,18 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, andar 4º, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas