Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2018 Páx. 1452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial presentada por Cie Galfor, S.A.U. para unha planta de elaboración de forxados situada no concello de San Cibrao das Viñas (expediente 2017-IPPC-M-36).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11.12.2013), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude de modificación substancial das instalacións de Cie Galfor, S.A.U. situadas en San Cibrao das Viñas (Ourense).

– Anexo 1: planos e esbozos.

– Anexo 5: estudo de patrimonio.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Número de expediente: 2017-IPPC-M-36.

Peticionaria: Cie Galfor, S.A.U.

Domicilio social e localización da instalación: polígono industrial de San Cibrao das Viñas, rúa 2. 32901, San Cibrao das Viñas (Ourense).

Descrición da modificación:

A modificación consiste basicamente no seguinte:

– Ampliación da nave de almacenamento de produto terminado (APT).

– Ampliación de alpendre de preparación de carga para a expedición de produto terminado.

– Ampliación nave de almacén e corte de materia prima.

– Habilitación de nave de almacén de aceites e residuos.

– Externalización (desaparición) da sección de mecanizado.

– Inactivación de liña de coroas e pletinas.

– Inactivación parcial da liña de mangas.

– Habilitación de dúas novas liñas de cegoñais.