Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 771/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Juiz Pinto, Santiago Doval Vázquez, Daniel Villares López contra Fondo de Garantía Salarial, Falcón Contratas y Seguridade, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
Xuíz: Javier López Cotelo
Procedemento: reclamación cantidade nº 771/2015
Demandantes: Daniel Villares López; Marcos Juiz Pinto; Santiago Doval Vázquez
Letrada: Sra. Campos Vázquez
Demandados: Falcón Contratas y Seguridad, S.A.
Letrado:
Fogasa
Letrada:
Sentenza nº 618/2017.
A Coruña, 15 de novembro de 2017.
Decido:
1. Admito a demanda formulada por Daniel Villares López; Marcos Juiz Pinto; Santiago Doval Vázquez fronte a Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a aboar:
– A Daniel Villares López a suma de 2.142,78 euros polos conceptos expostos no número segundo da demanda, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.
– A Santiago Doval Vázquez a suma de 3.685,89 euros polos conceptos expostos no feito segundo da demanda, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.
– A Marcos Juiz Pinto a suma de 1.891,88 euros polos conceptos expostos no feito segundo do escrito reitor, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.
2. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.
Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.
Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.
Así, o pronuncio, mando e asino.
Asinado: Javier López Cotelo.
Publicada no día da súa data.
Asinado: Marta Yanguas del Valle.
E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 15 de novembro de 2017
A letrada da Administración de xustiza