Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1194

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (260/2016).

Virginia González Benedidt, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, fai saber que no presente procedemento ordinario número 260/2016, seguido por instancia de Caixabank, S.A. fronte a Antonio Joaquín Iglesias Pombo, María del Carmen González Núñez, Gaesco, S.L., se ditou sentenza do 25 de setembro de 2017, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolvo:

Que, estimando a demanda formulada polo procurador Sr. Portela Leirós, en nome de Caixabank, S.A. contra Gaesco, S.L., Antonio Joaquín Iglesias Pombo e María del Carmen González Núñez, condeno os demandados a aboar á demandante a cantidade de 31.473,4 euros, cos xuros ordinarios e moratorios que se devindiquen ata o completo pagamento do debido.

Impóñenselles as custas aos demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado, nun prazo de vinte días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e do seu partido xudicial.

E ao estar os ditos demandados, Antonio Joaquín Iglesias Pombo, María del Carmen González Núñez e Gaesco, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza